Amantes da pasta
27,00 €Pasta, boloñesa, pisto, tomate frito… o que non pode faltar na casa das amantes da pasta.
Somos unha cooperativa que traballamos desde hai máis de 10 anos na Coruña por un consumo responsable, de proximidade, respectuoso co medio ambiente e comprometido co traballo digno e os dereitos das consumidoras. Poñemos ao dispor das veciñas e veciños da nosa cidade produtos sans, ricos, locais e ecolóxicos, ao tempo que contribuímos a mellorar a calidade de vida das produtoras locais e o medio rural no que habitan.
É ben sinxelo! sigue os pasos seguintes e terás a
zesta na túa casa en cuestión de días.
lembra que xa están incluídos todos os gastos (tamén o envío)!
Neste momento, contamos coas seguintes
zestas ao teu dispor.
Pasta, boloñesa, pisto, tomate frito… o que non pode faltar na casa das amantes da pasta.
Produtos de comercio xusto de pequenas cooperativas de orixe… cambia o mundo ao teu xeito!
Chocolate, cous cous, arroz, bebida de soia… para quen quere probar un cachiño de Zocamiñoca.
Arroz, café, galletas, atún, pasta… todo o necesario para o consumo responsable da familia.
Mercar unha Zesta é unha forma sinxela de probar os nosos produtos, un primeiro paso para cambiar o teu modelo de consumo… ou un agasallo orixinal e comprometido!
Ademais, con este xesto estarás axudando a que Zocamiñoca continúe co seu proxecto, apoiando aos pequenos proxectos especialmente seleccionados para ti.
Correo.- zocaminhoca@gmail.com
Telegram.- @zocaminhoca